Soan os cernes nas noites de brétema. Tremen os beizos daquel namorado. Aloumiñan verbas dun amor denantes narrado, coas meniñas dunha moza cravadas no corazón. O que el vive é unha travesía nun mar non finito no que as ondas non existen e o norte non se atopa. Sorrí cando ela dille que o norte está sempre onde voa a primeira gaivota, e que no único que ten que depositaren a súa fe é na casca de noz que fai ás vegadas de veleiro ou ben de leito nos días sen rumbo, nos que ambos non teñen maior preocupación que a de bicarse ata o solpor, cando saen a pasear polo ceo. Porque son dous tolos namorados nunha ruta sen caderno de bitácora (non lles importa nada máis que os latexos do seu acompañante).
24/10/2012

1 comentario:

Mara dijo...

Non me dou moito tempo de ler todo, pero acabo de ler uns poucos relatos e tamén gústanme moito en serio :) Sobre todo este en galego encantoume, tamén me pasarei por aqui e seguirei lendo :)